A Presidencia do Consello Superior de Deportes convocou axudas a mulleres deportistas no ano 2015
Cal é o obxetivo? É a concesión de axudas a mulleres deportistas con licencia federativa en vigor que foran nais en 2014 ou que teñan fillos menores de 3 anos a cargo de persoal coidador ou en centros educativos infantís ó longo de 2015, co fin de faciltar a conciliación da vida deportiva e persoal.
En qué situacións se aprovará a axuda?
- Axudas por nacemento, adopción ou acollemento no 2014 para Mulleres Deportistas de Alto Nivel (DAN)
- Axuda para o coidado de fillos menores de 3 anos matriculados en centros educativos infantís ou a cargo de persoal coidador, durante o 2015, a mulleres deportistas integrantes de seleccións nacionais.
Cal será o importe das subvencións?
- Ata 36.000 €: A deportistas de alto nivel por nacemento, adopción ou acollemento en 2014.
- Ata 21.530 €: A deportistas integrantes de seleccións nacionais polo coidado de fillos menores de 3 anos matriculados en centros educativos infantís ou a cargo de persoal coidador no 2015.
Onde podemos atopar máis información? E a solicitude de inscrición? Atópase no trámite 202439 do Catálogo de Trámites da Sede Electrónica do Consello Superior de Deportes.
Para descargar o BOE cas axudas temos que ir a http://www.boe.es/boe/dias/2015/06/08/pdfs/BOE-A-2015-6361.pdf