Ata o 21 de novembro se poden solicitar as axudas da Consellería de Educación para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16
As condicións que se deben cumprir para solicitar estas axudas son as seguintes:
- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.
A contía das axudas é de 50 € por alumn@.
Onde se tramitan as solicitudes? Nesta ligazón https://sede.xunta.es/portada co procedemento ED330F.
Máis información? No DOG do 10 de novembro de 2015 e en http://www.edu.xunta.es/portal/