Axudas para estudar idiomas durante o verán
Quén as convoca ?
A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Cantas son?
Son 150 axudas para estancias nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015 coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
Cando se realizarán as actividades?
As actividades faranse dende o 15 de xuño ata o 30 de agosto de 2015 (ambos incluídos).
Canto é o máximo de axuda?
A dotación económica asignada a cada beneficiario é dun máximo de 900 €.
Cales son os requisitos?
- Estar matriculado no curso 2014/15, como mínimo en 50 créditos, incluídos neles o proxecto fin de carreira en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos.
- Ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatoria.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.
- O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Cando remata o prazo de entrega?
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2015.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 8 de abril de 2015 e en www.edu.xunta.es