Que requisitos se necesitan para optar a axuda?
A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao,licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2014-2015 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Que requisitos se necesitan para optar a axuda?
- Necesidade urxente de recursos económicos para paliar unha situación de emerxencia (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, separación...).
- Que a situación imprevista acontecese durante o actual curso académico 2014/15
- Estar matriculado neste curso, como mínimo en 50 créditos en estudos presenciais en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior a 5.136'60€ (428'05 € mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
- Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Que prazos existen para solicitar a axuda?
- Se a causa aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo da presentación estará aberto ata o 2 de maio.
- Se a causa acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo será de un mes desde que aconteceu a causa tendo como límite o 30 de setembro de 2015.
Onde podo presentar a solicitude? Pódese presentar en https://sede.xunta.es co procedemento ED433A
Onde podo pedir máis información? No DOG do 1 de abril de 2015 ou en www.edu.xunta.es