Tedes o carné de conducir? Non! Pois aquí tedes unhas axudas que vos van vir moi pero que moi ben.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa intención de aumentar a empregabilidade d@s moz@s e de fomentar a condución segura e responsable, pon ao teu alcance estas axudas.
As condicións que tedes que cumprir son as seguintes:
- 18-30 anos
- Residencia en Galicia
- Titula do Carné Xove
- A unidade familiar á que pertences non ten ingresos superiores aos marcados na orde (ver DOG)
- Estar matriculados nunha autoescola ou non caso de ter xa o carné, que este fora expedido despois do 1 de xaneiro do 2013.
- Obter o carné antes do 15 de novembro
- Asistir a un curso gratuito de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
A axuda que podedes obter ascende a 250€, que vos parece?
Hai un prazo? Claro, tedes o prazo de solicitude aberto ata o 1 de outubro de 2013 ou ata que se esgote o crédito.
Descargade toda a información aquí: