
Mola viaxar, non si?
Aquí tedes unhas bolsas para que estudedes o Bacharelato en Canadá, está o suficientemente lonxe para que sexa moi interesante!!
O programa "Estudia en Canadá" convoca 100 bolsas para cursar 1º de Bacharelato nun Instituto canadiense, durante o curso escolar 2013-2014. Estas bolsas propoñen unha inmersión total na cultura e no sistema educativo canadiense.
Pode ir calquera? Non, como en case todo hai unha serie de requisitos:
- estar inscrito como alumno de 4º da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) no momento de facer a inscrición
- Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en 3º ESO
- Nota final da materia de inglés en 3ºESO igual ou superior a 8,00 puntos
- Certificado da Renda: Achegar documentación spbre a situación familiar, a través dun certificado IRPF do último ano, emitido pola Axencia Tributaria
Hai que enviar o formulario coa documentació requerida dende a web oficial destas axudas, en formato PDF ou JPG, cun tamaño máximo de 2MB.
Estas bolsas "Estudia en Canadá" inclúen:
- Preparación e saída
- Estanza en Canadá
- Regreso á cidade de orixe
O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de febreiro do 2013. Tedes ata ese día para convencer ás vosas familias!!
A web onde obteredes toda a información que necesitades, e onde poderedes descargar os formularios é esta: http://www.becasestudiaencanada.org/inicio