Máis actividade na Biblioteca Municipal! Que non se diga que os libros de Narón non se moven!
Nesta segunda quincena de novembro imos ter unha exposición de pintura e varias sesións de contacontos para diferentes edades.
- Dende o venres 15 de novembro, podemos visitar a exposición “Obradoiro plástico” da Asociación Cultural Tartares de Santa Icía. Trátase dunha mostra formada por 15 cadros, que poderán ser contemplados ata o día 30 de novembro na planta baixa da biblioteca (accédese pola entrada principal da Biblioteca) no horario de apertura habitual.
- Outra das actividades programadas foi a do contacontos “Contos para dous anos e trinta minutos” que se desenvolveu o sábado 16 de novembro, de 11:00 a 11:30 horas. Estivo dirixido a bebés entre 18 e 36 meses.
- O sábado 30 de novembro haberá outra sesión de contacontos para rapaces de 4 a 9 anos de edade: “Os Bip-bip aterran en Narón”. Sobre as 11:00 horas aterrarán estes Bip-bip na Biblioteca Municipal...Para asistir tedes que reservar praza dende o luns día 25 ás 16:00. Esta obra é unha adaptación de "Os Bip-bip aterran en Narón” de Abraham Carreiro Fernández, J. Carlos Martínez Muñoz e Xosé Carreiro Moteiro, editado polo Concello de Narón.