NOVAS

A Biblioteca Municipal de Narón acolleu o 31 de agosto un obradoiro de verán dirixido ao público infantil

Publicado o 02 de Setembro de 2015

Persoal das citadas instalacións participou neste xogo, no que os nenos e nenas tiveron que localizar unha serie de contos que foran previamente seleccionados, partindo dunhas indicacións básicas que se ofrecían desde a organización para facilitarlles a tarefa.

A Biblio do Alto, acolleu o pasado día 31 de agosto un obradoiro de verán dirixido á mocidade maior de 4 anos. “Cores que buscan contos” foi o título da actividade, que consistiu en animar ás persoas participantes a coñecer como está ordenado o fondo infantil desta biblioteca. A convocatoria desenvolveuse entre as 10.30 e as 12.00 horas e na mesma participaron un total de 16 nenos e nenas, que se agruparon en dous equipos.

Persoal das citadas instalacións participou neste xogo, no que os nenos e nenas tiveron que localizar unha serie de contos que foran previamente seleccionados, partindo dunhas indicacións básicas que se ofrecían desde a organización para facilitarlles a tarefa.

Coñecedes a Biblio do Alto? A sección Infantil da Biblioteca Municipal de Narón conta con moreas de documentos almacenados, arredor dos 19.000! Ademais de libros temos CDs e DVDs, entre outros.

Para finais de ano xa hai previstas varias actividades: unha exposición de fotografía, a presentación de un libro, e obradoiros para nenos e nenas e contacontos para bebés e para público infantil e adultos.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nas actividades nas que se estipule un límite de prazas deben ter o carné da biblioteca, que conta na actualidade con 15.730 socios. O prazo de inscrición nas mesmas ábrese xeralmente con catro días de antelación.

Vémonos no Alto entre misterios e aventuras de papel! ;)