A Concellería de Ensino de Narón vén de ultimar o programa de actividades da Biblioteca Municipal do Alto, deseñadas para conmemorar o Día do Libro.
A Concellería de Ensino de Narón vén de ultimar o programa de actividades da Biblioteca Municipal do Alto, deseñadas para conmemorar o Día do Libro.
Cando é o Día do Libro? É o 23 de abril.
Qué se inclúe na programación? Unha Feira-mostra do libro usado e de segunda man, e diferentes obradoiros.
Cando é a feira? Todas as tardes entre o luns 20 e o venres 24 de abril.
En qué horario? De 17:00 a 20:00 horas.
Que obradoiros hai? Un Obradoiro de Scrapbooking para adultos/as, un Obradoiro Infantil de manualidades con libros reciclados e un Obradoiro infantil creativo "Fotoconto".
Cando é o Obradeiro de Scrapbooking? É o mércores 22 de abril de 17:30 a 20:30 horas.
E os Obradoiros infantís?
- O Obradoiro Infantil de manualidades con libros reciclados: Xoves 23 de abril de 18:00 a 19:30 horas
- O Obradoiro infantil creativo "Fotoconto"
Que farán os nenos/as no "Fotoconto"? Os nenos/as participantes realizarán o seu propio conto e ilustrarano coas súas propias imaxes.
O resultado? Un libro feito por eles mesmos que se colgará na web da Biblioteca e imprimirase para a súa consulta en sala.
Requisitos para participar nas actividades?
- Inscripción previa.
- Ter o carné da Bibliioteca.
As listas para as reservas ábrense sempre uns días antes da celebración das actividades, e nalgúns casos complétanse no mesmo día.