As Biciquedadas teñen por obxectivo recoñecer os diferentes puntos de interese turístico de Narón, e participar dunha actividade de turismo activo. A única condición para participar a bicicleta e o casco!
Que teño que facer para participar? Tedes que consultar a páxina web de Turismo (www.turnanon.es) onde poderedes obter toda a información relativa a esta actividade tan chula e molona!
Como vai a historia? Cada semana irase publicando nesta páxina unha fotografía ou unha pista dun punto de interese turística de Narón, e se citará ós participantes ese mesmo día, nese lugar, a unha hora concreta. Os inscritos deberán acudir ata alí en bicicleta. Para os 50 primeiros en chegar haberá premio: unha gorra, a modo de agasallo.
Cando comeza a historia? O primeiro punto ó que deberá acudirse desvelarase o día 20 de xuño na web e no Facebook de Turismo de Narón, e o segundo punto se comunicará o día 22 de xuño.
En función do número de participantes, as Biciquedadas están previstas para os seguintes días:
- 22 de xuño ás 17:00 horas
- 23 e 30 de xuño ás 12:00 horas
- 6 de xullo ás 12:00 horas
Para participar nestas actividades non fai falla inscrición previa. Imos?