O Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía convoca unha bolsa de formación en documentación e xestión museográfica na Área de Coleccións do Museo
Cales son os requisitos para solicitalo?
- Titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao en Historia, Historia da Arte, Humanidades ou Biblioteconomía e Documentación.
- Entregar dúas cartas de presentación asinadas por profesores en activo que impartisen clase ao solicitante da bolsa.
- Presentar, con extensión máxima de medio folio, dobre espazo, unha exposición de motivos da solicitude, incluíndo os resultados que se esperan obter en desenvolvemento da bolsa.
- Coñecementos da Historia da arte moderna e contemporánea.
- Coñecementos de sistemas de documentación de coleccións.
- Coñecementos e experiencia no uso de bases de datos.
- Coñecementos e experiencia na edición e corrección de textos.
- Coñecementos en deseño ou desenvolvemento de páxinas Web.
- Nivel medio de inglés.
Canto tempo durará a bolsa de formación?
A bolsa terá unha duración de doce meses.
Canto será a contía da bolsa de formación?
A contía da bolsa será de 18.000 €, que serán aboados en pagamentos mensuais.
Cando se pode presentar a solicitude?
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de xuño de 2015.