China?? Si, China, xa sabemos que está moi lonxe! Pero...molaría moito poder viaxar e coñecer un pouco máis desa misteriosa cultura!
Pois esta é a nosa!! O Ministerio de Educación da República Popular China convoca para o curso académico 2013-2014 trece prazas da bolsa do goberno chinés de acordo cun Convenio Bilateral que manteñenen co Goberno Español para cidadáns españois.
As condicións, como noutras ocasións, son ser universitari@ ou ter un título de grao ou superior.
A documentación a obteredes na plataforma do CSC. O formulario de solicitude énchese online: http://laihua.csc.edu.cn
Se queredes saber que universidades e centros docentes chineses aceptan bolseir@s extranxeir@s visitade: http://www.csc.edu.cn/laihua/universitysearchen.aspx
Os prazos? Pois como data límite da solicitude tedes ata o 1 de abril de 2013.
Para máis información e contacto:
Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España
C/Matías Turrión 28, 1ºB 28043 (Madrid)
Tfno: 913 88 39 88
Ou no email: embajadachinaeducacion1@gmail.com
Tamén en:
Fundacion Universidad.es
C/Albacete 5, 1º28027 (Madrid)
Tfno: 916 038 226
director.estudiantes@universidad.es
Máis información:
http://www.embajadachina.es/esp/zxdt/t1009970.htm