O Ministerio de Agricultura convoca 9 bolsas de formación práctica na área da sanidade da produción agraria para titulados universitarios.
O Ministerio de Agricultura convoca 9 bolsas de formación práctica na área da sanidade da produción agraria para titulados universitarios.
A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.150 € mensuais e, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de maio de 2014.
Os universitarios terán que estar titulados nas seguintes áreas de coñecemento:
- Sanidade e Hixiene Animal, con coñecementos en materia de programas sanitarios de vixilancia e control de enfermidades animais, redes de alerta sanitaria veterinarias, trazabilidade e identificación gandeira, xestión de subprodutos e autorización de produtos zoosanitarios.
- Acordos Sanitarios e Controis en fronteiras, con coñecementos en materia de comercio exterior agrícola e gandeiro, criterios técnicos e negociación para a apertura de mercados exteriores, e controis nos puntos de inspección en fronteiras.
- Sanidade e Hixiene Vexetal e Forestal, con coñecementos en prevención e loita contra pragas agrícolas e forestais, redes de vixilancia fitosanitarias, autorización e utilización de produtos fitosanitarios; uso sostible de produtos fitosanitarios; e hixiene e trazabilidade en produtos agrícolas e forestais.
Para máis información no BOE do 23 de abril de 2014.