Na Biblioteca do Alto non paran nin un segundiño! Desta volta a Concellería de Educación e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha actividade novedosa denominada “Bookcrossing”.
Por que? Pois non se necesita ningún motivo especial! Pero xa aproveitamos e conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, promovendo unha recollida de libros para "liberar".
Que hai que facer para participar? Cada nen@ ten que levar á Biblioteca do Alto un libro para liberar, acompañado dunha folla cos seguintes datos:
- Nome do nen@
- Autor/a do libro
- Título do libro
- Comentario persoal sobre o libro: de que vai, se é divertido, se lle gustou ou non e unha mensaxe aos futuros lectores
Ata cando podedes depositar libros? Tedes ata este mércores, o día 27 de marzo.
Cooooomo? Que non tedes libros? Que non queredes liberar un dos vosos? Non vos preocupedes, achegádevos á Biblioteca do Alto, e alí vos dan un para que poidades participar igualmente nesta actividade tan chula!
Como é o proceso? Pois unha vez que xuntan todos os libros, quédase o 2 de abril ás 18:00 horas na Biblio, onde vai haber unha xuntanza coas familias na que se explicará o que vai a acontecer cos libros liberados e como se poden coller outros. Cada nen@ decidirá cando e onde vai liberar o seu libro. Ollo!! Non vale aproveitar unha viaxe para liberalo en Nairobi!! Tédesvos que cinguir ao Concello de Narón.
A caza de libros ou "bookcrossing" dará comezo cando as familias se rexistren na web que se vai crear para esta actividade e descubran onde hai libros liberado. Despois de ler estes libros, poderán volver a liberalos onde queiran e xa pola súa conta.
A Biblioteca do Alto vai liberar un lote de libros infantís para aumentar as posibilidades d@s cazador@s de atopar algún exemplar.
Esta caza mola moito!! Sorte!!