NOVAS

"Camiño de Emprego III", nova entrega de diplomas

Publicado o 25 de Xuño de 2013

Dende o Concello seguen apostando pola formación como camiño para atopar emprego.

Dende o Concello seguen apostando pola formación como camiño para atopar emprego.

O Alcalde de Narón José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron os diplomas de tres cursos do programa municipal de formación para desempregados "Camiño de Emprego III’ no que participaron 41 persoas.

En concreto, entregáronse os certificados dos seguintes cursos:

  1. Agrogandeiría: desenvolvido do 03-12-2012 ao 15-04-2013, cunha duración de 400 horas, que aproveitaron 14 alumn@s.
  2. Iniciación ás construcións metálicas: tivo lugar do 21-12-2012 ao 27-03-2013, cunha duración de 300 horas e que foi aproveitado por 15 persoas
  3. Alfabetización dixital: acción formativa desenvolvida do 13-03-2013 ao 19-03-2013, cunha duración de 25 horas, da que se beneficiaron 12 persoas

 

O curso de Agrogandeiría dividíuse en cinco módulos formativos:

  • Iniciación á silvicultura.
  • Medioambiente na agricultura.
  • Inserción e emprendemento.
  • Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos.
  • Alfabetización dixital.

 

O curso de Iniciación ás construcións metálicas constou de tres módulos:

  • Nivel básico de prevención na construción.
  • Medioambiente no sector naval.
  • Inserción e emprendemento.

 

No curso de Alfabetización dixital, ensináronse:

  • os conceptos e terminoloxía de informática básica,
  • sistemas operativos,
  • programas de procesamento de textos e follas de cálculo,
  • navegación por internet e correo electrónico,
  • a busca de información e oportunidades de traballo a través da rede.

 

No acto de entrega o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, felicitou aos participantes pola finalización "con éxito dos cursos. Nós dende o Concello estamos a apostar pola formación de persoas en situación de desemprego, pero este esforzo debería ser conxunto entre as administracións locais, a Deputación e a Xunta de Galicia, para poder chegar a máis persoas e ofrecer un abanico de posibilidades máis amplo” declarou. O rexedor lamentou que tanto o goberno autonómico coma o provincial “en lugar de investir en novos cursos, faga todo o contrario, reducindo o orzamento en cursos de formación”.

A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón remarcou a importancia da iniciativa “Camiño de Emprego”, que xa vai pola súa terceira edición e que está financiado de xeito íntegro polo Concello. “O noso obxectivo é poder proporcionar unha formación a persoas en situación de desemprego, para que estean o mellor preparadas posible de cara á busca dun posto de traballo”, indicou María del Mar Gómez.

Unha vez rematado o curso, o Concello segue apoiando ás persoas que os remataron, a través do Servicio de Orientación Laboral que está situado no entrechán do Concello, onde lles darán información sobre posibles nichos de emprego e sobre o autoemprego.

Case un 70% dos postos de traballo que se crean en Europa son por autoemprego, pero en España é inferior ao 50% ¡hai que virar esto!