Camiño do Emprego III pechou un novo capítulo da súa exitosa traxectoria.
O pasado día 1 de marzo, as Concelleiras de Formación Laboral e Acción Social de Narón, Mª del Mar Gómez e Catalina García, entregaron os correspondentes diplomas de dous novos cursos do programa municipal “Camiño de Emprego III”.
Que é eso de "Camiño do Emprego III"? É un programa formativo, organizado polo Concello de Narón, destinado a ofrecer formación a persoas en situación de desemprego. Desta volta, estes cursos tiñan unha característica particular, xa que foron realizados por voluntarios das ONG’s Dignidad e Cáritas.
En total, ni máis nin menos que 40 estudantes foron quen de concluír con éxito estas actividades formativas. Os cursos dos que estamos a falar foron “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos” e “Nivel básico de prevención de riscos laborais na construción”. Esta formación permitirá ós voluntarios ofrecer servizos no "Centro de recursos solidarios de Narón", que xestionarán as ONG’s Cáritas e Dignidad.
En vindeiras datas dende o Concello tamén se promoverán outros dous cursos dirixidos a este colectivo: "Cultura organizativa", e "Atención ó Público". Estade atent@s amig@s voluntari@s!!
Pero...esta formación ten valor? Si,si...aínda que é de balde, estes cursos están homologados, e teñen un valor no mercado, como formación complementaria e necesaria para atopar determinados empregos.
Dende Dameuntoke animámosvos a que participedes en futuras convocatorias, tanta xente non pode estar nun erro!!