NOVAS

Campamentos de verán, campos de traballo, actividades para mozos/as entre 18 e 30 anos e oferta concertada para grupos

Publicado o 18 de Abril de 2017

Como cada ano por estas datas, chéganos a información sobre os diferentes campamentos e actividades de verán que se desenvolven na nosa comunidade...e algúns ata fóra dela!!

Queres información? Interésache?

Tes unha asociación? Queres montar o teu propio campamento?

Si queredes montar o voso propio campamento nalgunha instalación da Xunta, podedes facelo na modalidade de oferta concertada. Consulta a información completa nesta ligazón: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11216-oferta-concertada-de-uso-das-instalacion-xuvenis-na-campana-de-veran-2017

Diversidade funcional? Hai opcións interesantes!!

A mocidade con discapacidade pode elixir se quere participar no procedemento xeral ou no procedemento de campamentos específicos, en función das limitacións de cada persoa. Se precisas máis información sobre os campamentos específicos para persoas con diversidade, clica nesta ligazón: http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/MAIORES_18_ANOS.pdf