NOVAS

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

Publicado o 14 de Abril de 2016

Xa temos á vista os campamentos de verán para persoas con discapacidade! Queres vivir unha boa aventura? Aquí tes unha oportunidade para non quedar na casa!

Estes campamentos, permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

  • Están destinados para aquelas persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.
  1. Para obter máis información sobre os diferentes campamentos e actividades descarga o documento ubicado a pé de páxina.

Os requisitos para a inscrición son os seguintes:

  1. Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  2. Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
  3. Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  4. Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  5. Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  6. Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Documentación:

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.

Estes impresos pódense descargar a pé de páxina.

Prazo e lugar de entrega:

  • Ata o día 30 de abril.
  • Consellería de Política Social:: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

 

Custo da praza e bonificación:

  • As persoas participantes deberán ingresar a cantidade establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a concesión da praza.
  • Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso.

*No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do título de familia numerosa ou do Carné Xove, segundo proceda)

Admisión:

As solicitudes serán valoradas por unha comisión composta por representantes da Secretaría Xeral de Política Social e terán prioridade as persoas que:

  • non participaran neste programa en anos anteriores.
  • residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que estean acollidas en centros residenciais.
  • pola súa idade, este sexa o último ano que poden participar nun campamento deste tipo.

*No caso de empate, terán prioridade as persoas con maior porcentaxe de discapacidade e, de persistir este, serán adxudicatarias da praza as persoas que antes presentaran a solicitude.

  1. A incorporación á instalación na que se vai levar a cabo o campamento será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 horas e as 19.00 horas; fóra dese horario non se admitirá a ninguén.

Obrigas das persoas participantes:

  • Incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  • Non abandonar a actividade sen a autorización por escrito da persoa responsable.
  • Respectar as normas establecidas polo persoal responsable da actividade, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.
  • Abandonar a actividade acompañado dos seus responsables.

Descarga os impresos e a documentación complementaria!

   
Documento Tamaño
campamentos-2016.pdf 1.09 MB
Impreso_solicitud_GAL.docx 44.83 KB
Impreso informe médico_GAL.docx 37.48 KB