Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade
A quen van dirixidos? A persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e/ ou necesidade especial.
Que requisitos se necesitan?
- Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%
- Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización
- Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
- Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
- Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
- Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
Que servizos se ofertan?
- Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino solicitado.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- Programa de actividades de animación sociocultural.
- Material necesario para a actividade.
- Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Que destinos existen? O Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo- A Coruña) e a Residencia de Tempo libre Panxón (Nigrán-Pontevedra).
Cal será o importe a pagar? Será de 125€ pero o importe pódese reducir nun 50% se se trata de familia numerosa e nun 25% se ten o carné xove.
Onde se poden atopar os impresos de solicitudes? Na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran-
Ata cando está aberto o prazo? Ata o 10 de xuño incluido.
Onde podo pedir máis información?
- No teléfono: 900 333 666
- Na páxina web: http://benestar.xunta.es