NOVAS

Campamentos Deportivos 2014 da Deputación: aberto o prazo de inscrición!

Publicado o 09 de Maio de 2014

Xa están aquí de novo! A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida

ven de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos 2014 da Deputación de A Coruña, que se celebrarán do 6 ó 12 de xullo en A Coruña.

Quen se pode apuntar? Poden inscribirse tódolos nenos/as nados  nos anos 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004, e o único requisito é estar empadroado en Narón.

Cantas prazas temos? A Deputación concedeu a Narón un total de 18 prazase previsiblemente o número de solicitudes supere ás prazas ofertadas, polo que  a adxudicación se realizará por sorteo público perante o Secretario Xeral do Concello de Narón.

O prazo? As inscricións poden realizarse ata o día 19 de maio, no Rexistro Xeral do Concello. A cota de inscrición é de 85€ por persoa (inclúe transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas).

+ INFO: No Servizo Municipal de Deportes (teléfono 981 33 77 00- extensión 2505) ou consultar a páxina web da Deputación: www.dicoruna.es