NOVAS

Campaña de verán 2014 convocada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Publicado o 28 de Marzo de 2014

Rapaces e rapazas! Xa está aquí, xa chegou a Campaña de verán 2014!

Rapaces e rapazas! Xa está aquí, xa chegou a Campaña de verán 2014!

Como podedes participar? A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (se sodes varios irmáns ou irmás). 

Que inclúe esta campaña? As persoas que participen disporán dos seguintes servizos:

  • Un  programa de diferentes tipos de actividades que posibilitan a participación d@ moz@
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil
  • Manutención en réxime de pensión completa
  • O material necesario para a actividade
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes
  • Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela

 

Queredes saber que actividades se ofertan, verdade? Aquí tedes a ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf#page=15

Quen pode participar? Poden participar @s moz@s galeg@s residentes en Galicia, e que naceran no ano sinalado para cada actividade.

Ollo! No referente á idade mínima e máxima para participar nesta Campaña de verán 2014 hai que destacar o seguinte:

  • @s nacid@s no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
  • @s nacid@s no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

 

Como podes presentar a solicitude de participación? As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.

Ata cando tedes de prazo? O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014.

Máis información: DOG do 26 de marzo de 2014