Nova cita deportiva no Concello! É que non paramos!
O Auditorio da Praza de Galicia acolle o sábado o Campeonato Galego e do Norte de España de Fisioculturismo e Fitness, con máis de 50 participantes.
Onde vai ser desta volta? Vaise celebrar no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, o próximo sábado 3 de maio a partires das 16:00 horas.
Que competición é? Trátase do Campionato Galego e do Norte de España de Fisioculturismo e Fitness, organizado pola AEFF (Asociación Española de Fisioculturismo e Fitness) quen a través de Luis Pernas, propietario do centro deportivo Natural Revolution Fitness Center organiza este evento.
Onde podo mercar as entradas? As entradas estarán á venta nas billeteiras do Auditorio por un prezo de 10 euros.
Que probas se van disputar? O evento contempla a celebración de diferentes probas, nas que tomarán parte máis de 50 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa e Castela e León. Olliño coa xente do noso Concello! Do total de participantes, 16 proceden de Narón.
Establécense categorías masculina e feminina para o campionato, que será valorado por 7 xuices da Asociación Española de Fisioculturismo e Fitness.
Dentro de cada categoría, haberá diferentes probas
Categoría masculina:
- Principiantes
- Mens Fashion
- Culturismo (talla baixa, talla media e talla alta)
Os campións de cada unha destas probas se disputarán o Trofeo Campión Absoluto Cidade de Narón.
Categoría feminina:
- Bikini
- Body Shape
- Culturismo
As gañadoras disputarán o Trofeo Honorífico Luis Pernas, no que se valorará o mellor esforzo persoal.
Ademáis, haberá un Premio Especial ó Mellor Posador, consistente nunha estancia de Fin de Semana nun balneario.
Os asistentes ó evento tamén poderán contemplar unha Exhibición de Luis Pernas, organizador e actual Campión de España de Fisioculturismo na categoría de peso pesado 2013. Ademáis deste título, Luis Pernas foi campión de España noutras 3 ocasións, e Campión Internacional do campionato “Mar Mediterráneo” en 2006.