O Campionato provincial de Campo a través celebrarase este domingo, día 6, nun circuíto habilitado no polígono industrial de Río do Pozo.
A proba, convocárase inicialmente para o pasado 27 de febreiro pero aprazouse debido ás condicións meteorolóxicas adversas desa fin de semana.
Colaboran nesta convocatoria, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, a Federación Galega de Atletismo, o Club de Atletismo Narón e o Concello de Narón, a través da área de Deportes que preside o edil Román Romero.
As competicións
- As competicións nas diferentes categorías (Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete) comezarán a disputarse ás 16.30 horas e está previsto o remate das mesmas ás 19.00 horas.
Román Romero recordou que participarán nas probas unhas 500 persoas, que percorrerán tramos de entre 700 e 4.000 metros, en función das citadas categorías.
Un dos obxectivos deste campionato é fomentar a práctica deportiva entre os rapaces e rapazas que participan, así como impulsar hábitos de vida saudables entre o colectivo.