NOVAS

Campos de traballo: ábrese o prazo de inscrición

Publicado o 19 de Abril de 2016

22 de abril, ás 9:00 horas, apertura do prazo de inscrición.

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

*Nos seguintes enlaces atoparedes a información acerca das bases que regulan estes campamentos.

  • Prazos: 

Campos de traballo: inscrición

  • Inscrición:

Deberás facilitar obrigatoriamente os seguintes datos:

  1. NIF do solicitante.
  2. Nome e apelidos, enderezo e código postal.
  3. Data de nacemento do solicitante.
  4. Teléfono de contacto e teléfono para emerxencias.
  5. Correo electrónico.

Unha vez inscrito/a recibirás un correo electrónico coas instruccións para formalizar a inscrición no prazo de 48 horas que comezará a contar dende a recepción do mesmo.

Como inscribirse nos campos de traballo

  • Cotas:

Campos de traballo: cota de participación

A participación nos campos de traballo en Galicia e nos campos internacionais ten unha cota de participación de 110,00 €.

No resto de Comunidades Autónomas, os prezos pódense consultar no cadro de oferta de prazas. Hai campos de traballo con impreso de pagamento propio que vos será remitido tamén ao correo electrónico tras a inscrición no campo de traballo.

  • Renuncia de praza:

Unha vez formalizada a inscrición nun campo de traballo se por algún motivo, non suxeito á devolución da cota, xurdírache un imprevisto que che impide participar no campo de traballo, solicitámosche que nos comuniques a renuncia á praza o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar, así, a participación doutro/a voluntario/a.

  1. O correo electrónico para comunicar a renuncia é: camposdetraballo.xuventude@xunta.es . Nel debes indicar o teu DNI e o codigo ou nóme do campo de traballo ao que renuncias.
  • Documentación a entregar:

Documentación a entregar

  • Condicións xerais:

Poderán mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia que teñan a idade mínima especificada o día de comezo do campo de traballo e a idade máxima o día de remate.

Condicións xerais

  • Modelos e impresos:

Modelos e impresos

  • Teléfonos de información e inscriccion:

Teléfonos de información e inscrición

  • Oferta:

Nestes enlaces poderedes consultar as diferentes ofertas de campos de traballo.

  1. En Galicia: Oferta de campos de traballo en Galicia
  2. Noutras comunidades: Noutras comunidades autónomas
  3. No estranxeiro: No estranxeiro
  1. Importante: O prazo para a entrega da documentación orixinal é de 48 horas que empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico de inscrición. A dita documentación poderase presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de toda a documentación ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.es

De incumprir este prazo de 48 horas, perderase o dereito a participar no traballo asignado, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.