Pedro Caneiro (Policía Local) e Simón Cabarcos (técnico de INEF), forman o equipo de Educación Viaria do noso Concello. Dende o día 2 de abril van conducir a campaña escolar "Cando só un pouco máis é perigoso", que terá o obxectivo de alertar aos mozos e mozas sobre os efectos de consumir o alcohol na condución.
Esta campaña vai dirixida á mocidade que está cursando a ESO, o Bacharelato e os ciclos de Formación Profesional (FP), e vai consistir en diferentes actividades e charlas:
- Colexio Ayala: días 3 e 4 de abril.
- Colexio O Feal: días 8, 9 e 10 de abril.
- Colexio Santiago Apostol: 15, 16 e 17 de abril.
- Colexio Jorge Juan: 29 de abril.
O horario destas actividades vai ser sempre o mesmo: na franxa horaria que vai dende as 09:30 ás 12:00 horas.
Que actividades se van desenvolver?
- Obradoiro sobre os perigos do trinomio alcohol+coche+fin de semana.
- Cineforum sobre as campañas de Tráfico en diversos países e imaxes de accidentes reais onde o alcohol e drogas son as protagonistas.
- Prácticas de condución nun simulador de condución de moto e ciclomotor.
- Probas con gafas de simulación de alcohol: Estas lentes fante experimentar, de forma segura e sobria, como é a sensación de estar bébedo tendo que realizar diferentes actividades como recoller algo do chan, camiñar por unha liña ou coller o coche. Estas gafas tan "chulas" producen distorsión da realidade: distorsión visual, confusión, redución da visión periférica...
Sabede tamén, que o 17 de abril haberá unha xornada práctica ás 12:00 horas, na praza situada detrás do Colexio Santiago Apostol. Esta campaña vai contar coa inestimable colaboración da Autoescola Balocos, que vai ceder os vehículos cos que @s alumn@s van facer diversas probas de condución: con e sen lentes de distorsión. Guauuuuu!!
Ollo co alcohol! Lembrade que ás veces "unha máis" pode ser moi perigosa!!