NOVAS

Carpa informativa Xplora Xuventude no Concello de Narón

Publicado o 06 de Setembro de 2013

Ei xentiña de Dameuntoke! Atent@s!

Chega ao noso Concello a carpa informativa Xplora Xuventude.

Algunha pregunta? Seguro...

De que informa esta carpa? O obxectivo desta iniciativa é informarnos dos diferentes recursos que temos á nosa disposición.

Quen a manda? É unha campaña da Consellería de Traballo e Benestar, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que pretende dar a coñecer entre a xente nova os programas e recursos que hai destinados a nós. Aproveitan a celebración de eventos con grande afluencia de público ou lugares que son populares entre a mocidade.

Que hai na carpa? Información. Alí ofértanse contidos de interese e asesoramento técnico de especialistas, que forman a Rede galega de dinamización xuvenil. Ademáis, poderemos amosar os nosos traballos, as actividades que realizamos, funcionando tamén como un escaparate de talento xuvenil.

Cando vai estar en Narón? En total vai estar por 40 concellos galegos, pero en Narón vai estar o 19 de setembro de 10 a 13:00 horas diante do Pavillón das Lagoas, no aparcadoiro do IES Terra de Trasancos.

Enviarán información aos institutos para avisarnos, así que estade atentos e aproveitade estes recursos para solventar todas as vosas dúbidas.

Nós imos seguro, e vós?