NOVAS

As carrozas da Cabalgata Solidaria do Concello levarán alimentos e produtos de hixiene para o Centro de Recursos

Publicado o 10 de Decembro de 2015

O programa municipal Nadal Comunitario-Cabalgata Solidaria 2015 continúa desenvolvéndose estes días nas diferentes parroquias para que os veciños e veciñas ultimen as súas carrozas de cara á celebración, o vindeiro día 5, da Cabalgata Solidaria.

“O obxectivo desta iniciativa é amosar aos nenos e nenas un Nadal diferente e centrado na solidaridade, razón pola que nos últimos días a veciñanza traballa na construción das carrozas coas que contará a cabalgata e nas que se levará unha parte dos alimentos e produtos de aseo recadados para os usuarios e usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón”, explicou a edil de Acción Social, Catalina García.

Queres colaborar? As persoas que desexen colaborar poden dirixirse aos locais sociais das parroquias, onde se recollerán diferentes produtos en función das necesidades do Centro de Recursos Solidarios.

Ata o día 4 de xaneiro –o 5 pola mañá recollerase a maior parte da recadación, ao non poder transportar as carrozas todo o peso- podemos levar:

  1. Allos e cebolas aos locais sociais de Sedes e San Xiao
  2. Galletas aos de Castro e Doso
  3. Produtos de aseo persoal aos do Alto e O Val
  4. Chocolate e cacao aos da Solaina e San Mateo
  5. Tomate fritido aos do Couto e Piñeiros
  6. Produtos de limpeza ao da Gándara
  7. Conservas ao de Xuvia
  8. Patacas ao de Pedroso

As carrozas representativas das parroquias irán acompañadas dunha máis, este ano como novidade, do Centro de Recursos Solidarios.Irán cargadas de alimentos e con Melchor, Gaspar e Baltasar, que estarán acompañados polo rei Artabán –o rei da solidaridade-.

Cal vai ser a súa andaina? As carrozas partirán o martes día 5 das inmediacións da estación de FEVE en Xuvia, ás 16.00 horas cara á Praza de Galicia, a donde se prevé chegar ás 17.30 horas e onde poderemos ver aos Reis Magos e Artabán, que estarán baixo unha gran carpa.

Vémonos alí!