O Concello conmemorará con varios actos o vindeiro sábado o Día de Narón na Praza 23 de novembro.
- A xornada festiva comezará a partir das 13.00 horas, cunha mostra de traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de Instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura, que baixo unhas pequeñas carpas instaladas para a ocasión, amosarán –ata as 14.30 horas- parte do traballo que realizan neste obradoiro durante o curso.
- A música tamén cobrará protagonismo no Día de Narón, e tamén entre as 13.00 e as 14.30 horas actuarán os Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, que amenizarán a convocatoria festiva.
- Xa sabes que non hai festa galega sen comida á vista! Entre as 13.00 e as 15.00 horas e tamén pola tarde, de 17.30 a 20.00 horas, estará a pleno rendemento a filloeira de Lestedo, dende donde se ofrecerán filloas de balde –cociñaranse aproximadamente 1.200 por hora- ás persoas que se acheguen ata a Praza 23 de novembro.
- Para a xentiña máis cativa da casa hai tamén actividades! Entre as 17.00 e as 18.00 horas terá lugar unha actuación dirixida a público infantil, “A gramola gominola”.
- Dende as 17.00 ata as 20.00 horas continuarán as mostras e traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura.
Ademais, este día farase a entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que será sobre as 18:00 horas. Este ano gañou a malagueña Blanca María Álvarez Sánchez.
Esta programación enmárcase dentro dunha semana con máis propostas, como a XXXI Gala do Deporte, donde un ano máis se premiará aos deportistas máis destacados nas diferentes especialidades e ao Mellor Deportista do Ano, e as II Xornadas do Marisco da Ría que se desenvolverán de xoves a domingo.
- Sabías que...? Esta festividade conmemórase dende hai xa vinte e seis anos, día que, no ano 1837 se rexistrou a primeira acta do Concello, que se localizou na parroquia de San Xiao.
Documento | Tamaño |
---|---|
Tríptico Día de Narón.pdf | 1.25 MB |