O Padroado de Cultura organiza un Ciclo de Teatro Infantil que se desenvolverá no Pazo da Cultura e no Auditorio Municipal da Praza de Galicia.
Cando vai comezar esta festa do teatro? A primeira cita a teremos este domingo ás 18:00 horas no Pazo da Cultura, onde a compañía Ron Lalá vai interpretar "Esos locos barrocos", unha obra pertencente ao xénero do humor, música e teatro. Está destinada a maiores de 12 anos e ten unha duración aproximada dunha hora. O prezo vai ser de 9€ para os adultos, 6´30€ @s abonad@s e 5€ co Carné Xove ou de estudante ata 25 anos.
Haberá catro pezas teatrais máis, todas elas dirixidas a nenos/as e a público familiar, e sempre os domingos ás 18:00 horas. O prezo das entradas variará dependendo do espectáculo, oscilando entre os 5€ para nenos/as e os 9€ para adultos (como máximo).
Que máis imos poder ver? Este é o programa:
Domingo 10 de novembro
- Lugar: Auditorio Municipal
- Compañía: Eme2 Emoción&Arte
- Espectáculo: “O príncipe e o parrulo”
- Xénero: Teatro Infantil
- Público: Infantil (a partir de 3 anos)
- Duración: 1 hora
- Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil
Domingo 24 de novembro
- Lugar: Pazo da Cultura
- Hora: 18:00
- Compañía: Gorakada
- Espectáculo: “La vuelta al mundo”
- Público: Infantil (a partires de 6 anos)
- Duración: 1 hora
- Prezo: 9€ adultos / 6,30€ abonados / 5€ carne xove ou estudante ata 25 anos
Domingo 15 de decembro
- Lugar: Auditorio Municipal
- Hora: 18:00
- Compañía: Teatro do Noroeste
- Espectáculo: “Touporroutou da lúa e do sol”
- Público: Infantil
- Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil
Domingo 29 de decembro
- Lugar: Auditorio Municipal
- Hora: 18:00
- Compañía: Ghazafelhos
- Espectáculo: “3, 2, 1” (Estrea)
- Público: Infantil (a partires de 5 anos)
- Duración: 50 minutos
- Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil