NOVAS

A cidade acollerá hoxe tres actos conmemorativos do programa para celebrar o Día de Narón

Publicado o 23 de Novembro de 2016

Con motivo da celebración do Día de Narón hoxe día 23 de novembro, celebrarase, ás 12:00 horas o nombramento do artista luso Manuel Patinha como “Fillo Adoptivo de Narón” no salón de plenos do Concello .

Queremos aproveitar a ocasión para recordarvos que este nomeamento foi aprobado no pleno do mes de abril pola corporación local, o alcalde, José Manuel Blanco, entregará un pergamiño a Manuel Patinha acreditando a concesión do citado título e tamén a Medalla de Narón.

Pola tarde os actos trasladaranse a Santa Icía, a Praza 23 de Novembro, donde entre as 16:00 e as 17:30 horas haberá un obradoiro infantil no que os nenos e nenas poderán construir instrumentos musicais a partir de materiais de refugallo. Así mesmo entre as  17:30 e as 18:45, poderase disfrutar da actuación do grupo Gramola Gominola que actuarán para os asistentes ao Festival Pequemiúdos.

Ás 20:00 horas no Pazo de Cultura, darase a coñecer as persoas galardonadas no "VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón", as obras permanecerán no hall do Pazo ata o vindeiro 12 de decembro. Os premios  deste ano son 2850 euros:

  • 1500 euros serán para o autor da obra mellor puntuada polo xurado
  • 750 para a segunda
  • 400 para a terceira
  • E o premio especial "Francisco Criado", que está dotado con 200 euros