Gústavos o tema do Pilates?
Temos unha boa oportunidade para practicalo! O Padroado de Deportes ven de ofertar esta nova actividade deportiva, dividíndoa en 2 grupos cos seguintes horarios:
- 1º Grupo: Martes e xoves de 20 a 21 horas
- 2º Grupo: martes e xove de 21 a 22 horas
Canto vai costar? O prezo desta actividade será de 17,05 € por mes.
+ Info: Se queredes máis información podedes acudir ás oficinas do Padroado de Deportes (no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara).