Cursos COMA?
O seu nome ven do inglés Massive Online Open Course: cursos online masivos e abertos. Os cursos COMA da UNED son cursos de acceso libre, esto quere dicir que non temos por que ser universitarios para recibir esta formación. Ademáis son gratuitos e 100% online, podendo acceder a eles en calquera momento e dende calquera lugar con conexión a Internet.
Os contidos están divididos en pequenas pílulas formativas en formato de video, seguidas de pequenos cuestionarios que aseguran a comprensión dos contidos por parte d@ alumn@. Nalgúns casos pode haber un exame final cun maior número de preguntas.
Pero ten algunha validez? Os cursos COMA pódense certificar de varias maneiras. Hai dúas opcións de certificación oficial:
- Certificado de Aproveitamento ou Credencial, previo abono de taxas (10-15 €) e exame online.
- Diploma UNED COMA, previo abono de tasas (40-60 €) e superada unha proba presencial.
E hai unha forma de certificación informal que consiste en Badges ou insignias de participación, que se van concedendo conforme avanza o proceso de autoavaliación, sen efecto académico e gratuitas.
Que cursos podo atopar? Actualmente están dispoñibles os seguintes cursos:
- Emprendemiento e Innovación Social
- Curso práctico de uso de Open Data: oportunidades de negocio ligadas aos datos en aberto
- Curso práctico de Comercio Electrónico: descubrindo o canal de venta online
- A Contabilidade, a linguaxe dos negocios
- Empeza co inglés: aprende as mil palabras máis usadas e as súas posibilidades comunicativas
- IBERVIRTUAL COMA: Competencias dixitais básicas
- A felicidade, a economía e a práctica empresarial
- Inglés Profesional / Professional English
- Alemán para hispanofalantes: nocións fundamentais
- O Estado do Benestar
- A Responsabilidade Social Corporativa: Ruta á Sostenibilidade
- A Tutoría na Escola
- Lóxica e Usos
- Química Analítica Básica
- Competencias Transversais do Emprendedor
- Mini-vídeos docentes modulares: un elemento crítico no deseño dun MOOC
- TICs para ensinar e aprender
- Grandes obras do arte español do Renacimiento e o Barroco no seu contexto internacional
Para obter o Diploma UNED teredes que pasar unha proba presencial no centro da UNED que teñades máis preto. Na nosa bisbarra a UNED ten a súa oficina na rúa María 52-54 de Ferrol, podedes pedir máis info no seu correo: info@ferrol.uned.es ou visitar a súa web: http://extension.uned.es/indice&tiempo=0&modalidad=&tipologia_curso=Ordinario&idcentro=47
Se queredes máis información sobre os contidos destes cursos, visitade a web dos cursos COMA da UNED: https://unedcoma.es/
Vémonos na Rede!!