NOVAS

Comedia no Pazo "La calma mágica"

Publicado o 15 de Outubro de 2015

Mozos e mozas de Narón! Esta fin de semana temos teatro no Pazo!

A compañía Tanttaka Teatroa representará este sábado, día 17, no Pazo da Cultura a obra “La calma mágica”, dirixida por Alfredo Sanzol. Trátase dunha comedia dunha hora e media de duración aproximadamente.

Queres saber máis sobre Tanttaka Teatroa?

Esta é a súa web: http://www.tanttaka.com/

Onde atopar as entradas? 

Xa as temos á venda na taquilla do Pazo, a un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e persoas desempregadas. A representación comezará ás 20.00 horas.

Cal é o argumento?

O protagonista da obra é Oliver, un mozo que traballa no teatro e que cansado da vida que leva, decide probar uns fungos alucinóxenos que lle aconsella Olga –a súa futura xefa- nunha entrevista de traballo. A partir de aí sucederanse unha serie de historias que se gravarán nun vídeo ao quedar Oliver durmido na oficina, no posto de traballo que ansiaba. El tratará de impedir que se difundan as imaxes e a partir de aí vivirá varias historias nas que o amor e a traizón serán dúas das constantes do seu día a día.

A obra está dedicada ao seu pai, falecido, con quen desexa volver a falar, rexeitando a súa morte e recordando historias do pasado, que se misturan en parte co futuro do protagonista.