NOVAS

As comparsas do Entroido invaden hoxe as rúas de Narón!

Publicado o 04 de Febreiro de 2016

Hoxe as comparsas invadirán as rúas e os establecementos hostaleiros e comerciais de Narón. Hoxe non é día de quedar na casa! 

Mozos e mozas, saíde ás rúas a escoitar as satíricas letras propias destas datas!

As agrupacións Troupele, Troupele e Argalleiros da Gándara; Os Colludos, do Alto do Castiñeiro; Os Parrandolos, de Piñeiros e Os nenos de Lola, da Solaina, percorrerán a partir das 19.30 horas os dezaoito locais de hostalería adheridos á iniciativa de Tapas de Entroido, enmarcada no programa Narón Gastronómico e outros establecementos do sector comercial.

A programación de Entroido continuará o día 6, coa concentración de comparsas, lembrade:

  • Na Praza da Constitución, na Solaina, ás 17.00 horas. 
  • Desde alí partirán a pé cara ao Pazo da Cultura, onde ás 18.00 horas comezará o Festival de Comparsas de Entroido.
  • Será tras esta cita festiva, na que se premiará ás tres mellores formacións, cando as comparsas de Narón regresen aos locais de hostalería adheridos á convocatoria e aos comerciais para amenizar a xornada. 
  • Será tamén mañá cando dé comezo o Concurso de Tapas de Entroido, que se prolongará ata o día 10 de febreiro e no que participan dezaoito establecementos de hostalería. Entre as 13.00 e as 15.30 horas e desde as 20.00 ata as 22.30 horas os locais servirán de balde tapas de Entroido e de Libre creación coas consumicións.

Tedes máis información nesta nova que xa publicamos hai uns días.

Ollo, que en Xuvia temos festa o día 5! O Concello e a AVV Altea, colaboran na organización da Festa Infantil de disfraces na que poderán participar as rapazas e rapaces a partir das 17:00 horas, amenizada por La Guagua.

Neste Entroido ninguén queda na casa!