Xa dispoñible dende esta semana no teu centros de ensinanza e edificios municipais habituais! ;)
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de editar o número 10 da revista semestral "Dameuntoke", dirixida a vós, rapaces e rapazas naroneses.
Cantas revistas se van repartir? Repartiranse 1.000 exemplares nos centros educativos de Narón:
- I.E.S Terra de Trasancos,
- I.E.S As Telleiras,
- CPI O Feal
- CPR Ayala
- e CPR Santiago Apóstol
Nos niveis educativos de 3º e 4º de ESO, bacharelato e ciclos formativos.
Se andades a outras cousas e quedades sen un exemplar, poderedes conseguila tamén nos seguintes edificios municipais:
- Pavillón polideportivo da Gándara
- Casa da Mocidade
- Pazo da Cultura
- Concello
- Biblioteca municipal
- e Centro Municipal de Formación.
Queredes saber que inclúe este novo número?
- Entrevista co fundador da Asociación Cultural "Xeración", unha entidade que traballa na promovión do voluntariado galego a nivel internacional.
- Reportaxe sobre a Kedada de Mocidade Creativa, celebrada a finais de 2013 no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e que contou coa participación de 30 moz@s con estudos superiores. Falouse nestas xornadas sobre proxectos persoais e colectivos que poden ser posibles en Narón, e técnicas de busca de emprego, entre outros temas.
- Reportaxe sobre a Biblioteca Municipal do Alto (Usuarios de Honra 2014, actividades realizadas na Biblioteca no ano 2013, e cómo facerse socio).
- Reportaxe sobre a Violencia de Xénero, as formas nas que se manifesta e os recursos para evitala ou a onde acudir no caso de sufrila.
- Recomendacións literarias (narrativa en galego e castelán).
- Reportaxe sobre os efectos do alcohol na condución, titulado "Nun segundo cambia a túa vida!". Inclúe unha entrevista co Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.
- Entrevista con "Nelu", un mozo que destaca pola súa personalidade activa e efervescente.
Bulide moito, pero moito, moito...que voan!