NOVAS

A Concellería de Mocidade trae a Narón este xoves a carpa informativa XPlora Xuventude

Publicado o 18 de Setembro de 2013

Non vos esquezades!

Xa vos avisamos hai uns días de que a Concellería de Mocidade de Narón tiña previsto achegar ao nosos Concello a carpa informativa XPlora Xuventude (http://www.dameuntoke.es/novas/carpa-informativa-xplora-xuventude-no-concello-de-naron)

Así que xa sabedes! No aparcadoiro do IES Terra de Trasanco, mañá xoves día 19 de setembro, dende as 10:00 ás 13:horas, a carpa informativa "XPlora Xuventude".

A instalación desta carpa foi solicitada pola Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida. Esta iniciativa pretende facernos chegar (a nós, a xente máis nova do Concello) toda a información sobre programas e recursos destinados á mocidade.

Imos atopar contidos de interese para nós e asesoramento de técnicos especializados, que forman parte da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

Pero non queda aí a cousa...tamén servirá como espazo para que grupos de xente nova e entidades xuvenís poidan darse a coñecer e propoñernos iniciativas interesantes. A carpa vai ser como un escaparate de talento xuvenil. Interesante, non si?