Amigos e amigas de Dameuntoke, o Concello de Narón convoca para hoxe xoves 8 de Novembro ás 12:00 horas na Praza de Galicia, unha concentración silenciosa polo suceso acontecido o pasado luns na parroquia de A Revolta, en Sedes.

Gardaranse cinco minutos de silencio, en repulsa polo presunto asesinato dunha muller a mans da súa parella. Se se confirman as sospeitas, serían dúas as mortes deste tipo no noso concello no que vai de ano. Basta xa!
Se podedes: acudide! Estaría ben que todos e todas amosásemos a nosa repulsa á violencia de xénero.
Berrade en silencio con nós: Non máis mortes por violencia de xénero!