NOVAS

Concurso de creación audiovisual para a revista de Xuventude

Publicado o 10 de Marzo de 2015

Creadores e creadoras do audiovisual de Narón! Non escoitades a chamada da selva artística? Temos un novo concurso á vista!!

Dirixido a...? Poden participar persoas entre 18 e 30 anos, residentes en Galicia e sen vinculación con empresas periodísticas ou da industria cultural.

A temática é...? Libre, pero baseando o seu audiovisual nos contidos da revista semanal da Rede Galega de Información Xuvenil.

Ten que ser a nivel individual...? Non, o traballo tamén pode ser en grupo.

Que van valorar? Tres cousas en principio:  a orixinalidade, o enfoque periodístico e a calidade estética.

Ata cando se poden presentar as obras...? Ata o 30 de xuño.

E os premios...? Haberá dous premios:

  1. Estancia para 2 persoas durante de unha fin de semana de ocio educativo nunha instalación de Xuventude
  2. Ser membro, retribuído, do xurado de Xuventude Crea 2015

+ info...? Toda a información nesta URL: http://xuventude.xunta.es/2015030515504/concurso-de-creacion-audiovisual-sobre-o-boletin-informativo-da-dxxv.html

Como o vedes?