Estudas deseño gráfico ou arte nunha academia, Universidade ou Escola Superior?
A ver se te atreves con este reto! A Comisión Europea ten en marcha un concurso de deseño para crear a etiqueta dunha nova marca coa que distinguir aos provedores de servizos de confianza online cualificados, que indique aos internautas que poden confiar nun servizo online ao facer transaccións electrónicas.
Que queren transmitir con esta marca e a súa etiqueta?
- A etiqueta será sinxela, orixinal e enxeñosa e transmitirá unha sensación de confianza e seguridade
- @s internautas poden facer transaccións online de maneira cómoda e segura
- @s internautas poden ter a certeza de que os servizos de confianza que queren recibir son conformes á normativa da UE e cumpren unha serie de requisitos concretos
- @s provedores de servizos electrónicos de confianza poden garantir aos consumidores que os seus servizos son lexítimos e dunha calidade regulada en toda a UE.
- A etiqueta de confianza garante que os servizos ofrecidos son "cualificados", isto é, atéñense aos requisitos do Regulamento eIDAS.
Seguro que algunha idea xa tedes! Ánimo! Creade, creade...
Canto queda de prazo? O prazo de inscrición vai estar aberto ata o 15 de setembro, tedes tempo para darlle unha voltiña a esa idea que xa vos ronda, non si?
O premio? Haberá 3 premios:
- 5000 euros para @ primeir@ clasificad@
- 3500 euros para @ segund@ clasificad@
- 1500 euros para @ terceir@
Ademais a estes tres artistas se lles convidará á entrega de premios en Bruselas no verán do 2015.
Precisades máis información?
- Xeral: https://ec.europa.eu/digital-agenda/en/news/e-mark-u-trust-es
- Bases (inglés): https://ec.europa.eu/digital-agenda/en/news/e-mark-u-trust-competition-rules
- Prego de condicións (inglés): https://ec.europa.eu/digital-agenda/en/news/e-mark-u-trust-technical-and-design-specifications
- Presentación de traballos (inglés): https://ec.europa.eu/digital-agenda/events/cf/eu-trustmark-logo/register.cfm
- Máis información: https://ec.europa.eu/digital-agenda/en/news/e-mark-u-trust-competition-trustmark-design-wanted