NOVAS

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 76 bolsas de prácticas

Publicado o 16 de Xuño de 2014

Son 76 as bolsas de prácticas convocadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xullo de 2014.

  • 28 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e licenciados en Bioloxía.
  • 16 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: 3 bolsas para o ciclo superior de Industria Alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de Elaboración de Viño e Outras Bebidas ou Aceites de Oliva e Viños, 3 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Química.
  • 16 bolsas de formación de tecnólogos: 2 bolsas para licenciados en Enoloxía, 2 bolsas para licenciados en Ciencias Químicas, 2 bolsas para licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais e 2 bolsas para licenciados en Bioloxía.
  • 9 bolsas de prácticas: estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia Agraria ou ciclos da familia de Industrias Alimentarias.
  • 7 bolsas de prácticas: alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia Agraria ou ciclos da familia de Industrias Alimentarias, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

 

Requisitos:

  • Ser natural de Galicia.
  • Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
  • Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior. 

 

Pódese tramitar a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es cos procedementos MR322C e MR322D

Para máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140610/AnuncioG0165-030614-0001_gl.html