NOVAS

Consellos de Saúde: VIH proba rápida no fluído oral

Publicado o 07 de Outubro de 2013

Cabeciña meus e miñas! Non xoguedes coa vosa saúde!

Cabeciña meus e miñas! Non xoguedes coa vosa saúde!

Tedes algunha dúbida e queredes facervos a proba do VIH? Ímosvos contar un tipo de proba que é bastante rápida: a proba do VIH no fluído oral?

Que é a proba rápida do VIH no fluído oral? É unha proba que detecta a presenza de anticorpos fronte ao virus da inmunodeficiencia humana (VIH) que e a causante do sida. A proba rápida faise cunha mostra de fluído oral. En 20 minutos tedes os resultados...

Os mozas e as mozas de Narón temos un centro Quérote + en Ferrol, na rúa Santa Comba, 61. O seu teléfono de contacto é o 981317027. Alí daranvos toda a información que necesitedes sobre esta proba.

Os centros Quérote +cumpren con todos os protocolos esixidos pola Consellería de Sanidade para levar a cabo a proba rápida no fluído oral, sempre dun xeito anónimo, confidencial e de balde

Esta iniciativa desenvólvese en moi poucas cidades de Galicia, posto que un dos condicionantes é que o servizo conte con experiencia demostrada de máis de cinco anos en programas de prevención de VIH, ter os medios materiais e persoal especializado e a infraestrutura necesaria.

Queredes máis información? Descargádea aquí: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/Folleto_VIH_galego.pdf

Os centros Quérote +, como centros especializados en diferentes temáticas que tocan o VIH: educación sexual, convivencia... promoven:

  • a difusión de información científica e actualizada sobre o VIH
  • diagnóstico precoz, coa proba de detección en fluído oral
  • educación sexual dende a diversidade
  • promover, difundir e concienciar de que a presenza do VIH nunha vida non lle retira a esa persoa a súa necesidade e capacidade para amar, sentir, desexar, buscar e atopar sensacións de benestar e pracer.