Tiro con Arco? En Narón si, claro que si! O Alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club Arco Narón, Anxo Grandal d’Anglade, asinaron o pasado 30 de xullo un convenio de colaboración acompañados pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.
O acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014) e ten como obxecto a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co Tiro con Arco.
O Concello realizará unha achega de 17.000 euros, e cederá as instalacións do Pavillón de A Mocidade de A Gándara (de luns a venres, de 18 a 20 horas) exceptuando os meses de verán.
Queres contactar con eles?
- Teléfonos: 981.350.289/647.655.866/636.817.663
e-mail: arconaron@gmail.com
Twitter: @arconaron
Facebook: https://www.facebook.com/arco.naron