NOVAS

Convenio para o financiamento do servizo de transporte universitario

Publicado o 19 de Setembro de 2014

Universitarias e universitarios de Narón!

Os dous próximos cursos teredes oportunidade novamente de aproveitar as vantaxes do bonobús unisversitario grazas ao convenio que asinaron o pasado día 16 o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Reitor da Universidade de A Coruña (UDC), Xose Luis Armesto. Estiveron acompañados neste acto pola Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres, e a Concelleira de Ensino de Narón, Mª del Carmen Espada.

Este acordo permitirá o financiamento do transporte universitario de veciñ@s de Narón aos centros da Universidade de A Coruña, do Campus de A Coruña, para os cursos 2014/2015 e 2015/2016.

As axudas para o pago bono bus de transporte universitario chegarán ó 50% do importe do billete, que será cofinanciado por:

  • 20% aportado polo Concello de Narón, en total reservaron 37960 € para financiar este servizo
  • 30% aportado pola UDC

O estudante achegará o 50% restante do custe total do billete de transporte ó campus universitario.

O Reitor da UDC destacou a contribución por parte da universidade “para o acceso á educación superior por parte dos veciños de Narón, en igualdade de oportunidades que o resto”, comentou José Luis Armesto. O Alcalde lembrou que “Narón sempre se involucrou na educación dos veciños, e todo o que podamos aportar neste campo sempre o imos a facer. Porque non debería haber impedimentos para que a xente poida acceder á educación, dende a Primaria ata a Universidade”.