A Consellería de Educación convocou as probas para a obtención dos seguintes carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O prazo de presentación de solicitudes dentro da convocatoria ordinaria está aberto ata o vindeiro día 21 de febreiro (incluído). Dentro da convocatoria extraordinaria o prazo é do 1 ao 12 de xullo de 2014 (ámbolos dous incluídos).
Podedes tramitar as solicitudes neste enlace: https://sede.xunta.es co procedemento ED527A.
Se precisades máis información a podedes obter en:
- DOG do 7 de febreiro de 2014: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0164-300114-0002_es.html
- En http://www.edu.xunta.es/fp