NOVAS

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato 2014-2015!

Publicado o 12 de Xuño de 2015

A Consellería de Cultura e Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato. Estes premios van dirixidos a aqueles estudantes e "estudantas" que rematasen o BACH este último curso nalgún centro de Galicia. Podes ser ti!?

Ollo! Para poder recibir estes premios hai que cumprir unha serie de requisitos:

  1. Ter rematado o bacharelato nun centro docente de Galicia nas modalidades presencial ou a distancia
  2. Ser proposto para o título na convocatoria ordinaria dese curso
  3. Obter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75.

Como máximo concederanse 20 premios extraordinarios dotados cada un deles con 1000 euros, un diploma acreditativo e o secretario/a do centro no que teñan o expediente llo fará constar nel. Estes alumnos e alumnas poderán optar tamén ao premio nacional.

O prazo? Temos de prazo ata o 11 de xullo de 2015. Para tramitar a solicitude: https://sede.xunta.es co procedemento ED311A

+ info? No DOG do 11 de xuño de 2015 e na web www.edu.xunta.es/premiosbac