Lo que necesitamos para hacer la solicitud y la duración .
Duración e contías:
- Duración 12 meses.
- Terminarán o 31 de decembro de 2017.
- Contía total da bolsa será de 12.900 € brutos por ano, que se percibirán cada mes a razón dunha contía bruta de 1.075 € e que estarán suxeitos ás retencións que proceda.
Requisitos dos solicitantes
Estar en posesión dun título universitario de nivel 3 Máster ou de Licenciado con equivalencia ao devandito nivel, en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades obtida no curso académico 2011-2012 ou posterior.
Acreditar coñecementos específicos durante polo menos 300 horas lectivas, nalgunhas das seguintes materias:
- Catalogación en formato MARC. ABSYSNET.
- Atención ao usuario en servizos de información.
- Linguaxes de marcado aplicados aos rexistros bibliográficos.
- Fontes de información en ciencias sociais, xurídicas, políticas, económicas, financeiras e europea.
- Buscadores para servizos de información.
- Posicionamento en Web.
- A Web 2. Redes sociais.
- Xestión e tratamento de recursos e materiais electrónicos. Metadatos.
- Dixitalización. Manexo de ferramentas para o tratamento de imaxes.
- Tratamento e análise documental. Uso de linguaxes documentais.
- Descrición e normalización archivística.
Non gozar durante máis de seis meses doutra bolsa do Congreso dos Deputados das mesmas características.
A solicitude axustarase, necesariamente, ao modelo de instancia que se achega como Anexo I da presente convocatoria.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro de 2016.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, elaborarase unha relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación da causa de exclusión, que se fará pública no taboleiro de anuncios do Congreso dos Deputados e na súa páxina web (http://www.congreso.es).
Máis información no anuncio do BOE do 7 de novembro de 2016