NOVAS

Convócanse axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

Publicado o 23 de Abril de 2014

axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2013-2014, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2013-2014, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Os prazos para todas aquelas persoas que as queiran solicitar varian en función de:

  • Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación estará aberto ata o 2 de maio.
  • Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014. 

 

As persoas solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2013/14.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros (426,88 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

 

 

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED433A. Máis información no DOG do 2 de abril de 2014 e en www.edu.xunta.es