NOVAS

CONVOCATORIA ABERTA DE SELECCIÓN DE PARTICIPANTES PARA A OBTENCIÓN DE COMPETENCIAS E LICENZAS PROFESIONAIS

Publicado o 31 de Xullo de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición de formación profesional para persoas desempregadas e empadroadas

O concello de Narón abre o prazo de inscrición da seguinte formación para a obtención de competencias e licenzas profesionais para as persoas desempregadas e empadroadas no concello:

  • Xestión de almacén con certificación UNE de operador/a de carretillas e plataformas elevadoras.
  • Limpeza industrial.
  • Preparación obtención do Permiso C e o seu CAP.
  • Preparación obtención do Permiso D e o seu CAP.

 

Desde o 1 de agosto ás 8:30 horas ata o 17 de agosto de 2018, ás 13:00 horas poderanse inscribir nesta convocatoria.

Adxuntamos Documento Informativo e Instancia para a solicitude.