As persoas interesadas en solicitar as axudas poden obter a información e a instancia precisa a través desta web, descargando os documentos ao pé de páxina, onde figura a información actualizada desta convocatoria.
A convocatoria ten como obxectivo a concesión de axudas de bono-bus universitario para subvencionar os desprazamentos diarios dos e das estudantes universitarios ás clases das Escolas e Facultades da UDC (Universidade de A Coruña) no Campus de A Coruña. Exclúense os desprazamentos da fin de semana.
As persoas interesadas en solicitar as axudas poden obter a información e a instancia precisa a través desta web, descargando os documentos ao pé de páxina, onde figura a información actualizada desta convocatoria.
O prazo de solicitude estará aberto dende o 8 de decembro ata o vindeiro luns, día 19. As persoas interesadas poden entregar as instancias, coa documentación requerida para estas axudas, no Rexistro do Concello de luns a venres, de 8.30 a 13.30 horas.
Documento | Tamaño |
---|---|
SolicitudeBonoBusUniversitario16-17.pdf | 209.12 KB |
anuncioBOP.pdf | 76.22 KB |
Convocatoria Bonobús Universitario (Galego).pdf | 368.65 KB |