A Concellería de Acción Social e Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de anunciar a convocatoria de subvencións municipais 2014, por importe conxunto de 30.000 €.
A Concellería de Acción Social e Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de anunciar a convocatoria de subvencións municipais 2014, por importe conxunto de 30.000 €.
O Concello convoca axudas a asociacións e outras entidades de ámbito municipal, nas seguintes áreas:
- socioeducativa
- sociocultural
- igualdade
- discapacidade
- drogodependencia
- infancia
- inmigración e minorías étnicas
- maiores
- de prestacións de servizos locais básicos
- participación cidadá
- mocidade
- medioambiental
- e saúde.
Prazo: As solicitudes pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello ata o 31 de marzo (incluído).